Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola Galega de Administración Pública homenaxea a figura de Xosé Filgueira Valverde

    Xornadas / Luns, 18 de Maio de 2015.

    A Escola rematou hoxe as celebracións relativas ao Día das Letras Galegas cun acto literario dedicado ao polígrafo pontevedrés Xosé Filgueira Valverde ao que asistiron Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; e Luis González Tosar, escritor e profesor de lingua e literatura galega.


    Este acto foi presidido pola directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, a cal fixo referencia á relevancia do homenaxeado, cualificando a Filgueira Valverde como un dos intelectuais galegos máis destacados e como un grande promotor de actividades culturais en todos os campos posibles, o que lle permitiu “deixar un gran legado que nos permite entender mellor o mundo e a cultura da que provimos”.

    Ademais, Rodríguez-Campos resaltou a intensa actividade do homenaxeado na “creación e dirección de institucións que foron e seguen a ser un referente no estudo da cultura da nosa terra, como o Seminario de Estudos Galegos, do que foi director, ou o Museo de Pontevedra, do cal foi fundador.

    No acto tamén participou Valentín García, que salientou o esforzo realizado pola EGAP na promoción da cultura e a lingua galega tanto a través de actos como o de hoxe como mediante unha formación continua integramente en galego.

    Finalmente, o profesor Luís González Tosar ofreceu aos asistentes un relatorio sobre a vida de Filgueira Valverde, destacando as súas facetas investigadora, cultural e política.

    Xeira cultural
    A celebración do Día das Letras Galegas comezou onte, 17 de maio, na Escola Galega de Administración Pública coa realización dunha visita aos lugares máis representativos da vida e obra do autor homenaxeado, que foi guiada por Felipe-Senén López, historiador da arte e arqueólogo. Durante esa xornada os asistentes coñeceron a Finca de Lourizán, os petróglifos de Mogor, o castelo de Soutomaior, o Museo de Pontevedra e o Mosteiro de Armenteira.


  •   Anterior Seguinte  
    Pax 362 de 1206
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212