Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

    Cursos / Martes, 19 de Maio de 2015.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e Mugatra Sociedade de Prevención S.L.U convócase un curso sobre prevención de riscos laborais (refresco). Esta actividade vai dirixida ao persoal que presta servizos nos seguintes organismos: ISSGA de Lugo, SMAC de Lugo, servizos veterinarios oficiais de saúde pública de Lugo, Audiencia Provincial de Lugo, xulgados de Lugo e Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia de Lugo.


    Para inscribirse no curso deberán facelo a través da zona de matrícula da EGAP entre as 08.00 horas do día 19 de maio e as 14.00 horas do día 3 de xuño de 2015.

    Código: CV15019
    Edicións: 3
    Modalidade: presencial
    Duración: 6 horas
    Prazas: 30 por edición
    Lugar: Centro Territorial do ISSGA, Ronda Fingoi, 170, Lugo.
    Datas e horario: 1º edición, 8 de xuño; 2º edición, 9 de xuño e 3º edición, 10 de xuño. En horario de 08:30 a 14:30 horas.

    Para máis información poderán dirixirse a EGAP a través dos número de teléfono 981 546 657 e 981 546 335.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 363 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212