Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

    A Escola / Martes, 19 de Maio de 2015.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e Mugatra Sociedade de Prevención S.L.U organízase un curso sobre prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación (refresco). Esta actividade vai dirixida ao persoal que presta servizos no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia e na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Lugo.


    Para inscribirse no curso deberán facelo a través da zona de matrícula da EGAP entre as 08.00 horas do día 20 de maio e as 14.00 horas do día 11 de xuño de 2015.

    Código: CV15020
    Edicións: 2
    Modalidade: presencial
    Duración: 6 horas
    Prazas: 30 por edición
    Lugar: Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, Rúa Montevideo, 9, Lugo.
    Datas e horario: 1º edición o 18 de xuño e 2º edición o 19 de xuño, de 08:30 a 14:30 horas.

    Para máis información poderán dirixirse a EGAP a través dos número de teléfono 981 546 657 e 981 546 335.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 364 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212