Xornada sobre sustentabilidade financeira e reforma das entidades locais
Xornadas / Mércores, 27 de Maio de 2015.
A Escola Galega de Administración Pública celebrará o próximo 11 de xuño unha xornada destinada a formular posibles liñas de reforma das entidades locais desde unha perspectiva financeira. Durante esta actividade trataranse polo miúdo a sustentabilidade financeira da administración local, a situación financeira e os proxectos de reforma, o marco constitucional do control financeiro, o desenvolvemento autonómico da Lei 27/2013 e a situación financeira e os proxectos de reforma local en Alemaña.
A xornada vai destinada aos empregados das administracións públicas de Galicia, ao persoal das entidades do sector público, xuristas, profesionais e interesados en xeral.
Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
Data: 11 de xuño
Horario: mañá e tarde
Duración: 7 horas
Inscrición: en
http://egap.xunta.gal/matricula ata o 9 de xuño
Máis información:
PU15010