Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    Un curso da EGAP resalta a importancia da protección das patentes para o avance da economía

    Cursos / Luns, 1 de xuño de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública acolleu esta tarde a primeira das sesións do curso de especialización sobre Dereito de patentes, que foi inaugurado por Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP; Carlos Lema Devesa, catedrático de Dereito mercantil da Universidade Complutense de Madrid; e Álvaro Porras Rodríguez-Toledano, coordinador do curso.


    Neste acto Sonia Rodríguez-Campos quixo destacar a importancia dunha formación especializada neste eido, xa que hoxe en día “estamos máis necesitados ca nunca do fomento e da protección de actividades creativas que axuden ao avance da nosa economía e á creación de emprego”.

    Ademais, resaltou o valor engadido que supón esta actividade para a Escola ao permitir formar e profundar en coñecementos específicos sobre a protección das invencións a través do dereito de patentes e dos modelos de utilidade, así como sobre a normativa e os instrumentos xurídicos aplicables neste eido e a natureza propia e defensa deste tipo de dereitos.

    Carlos Lema, pola súa parte, foi o encargado de presentar os contidos do curso, o cal reunirá aos principais especialistas no Dereito de patentes. Así, esta actividade estrutúrase baixo tres perspectivas: a administrativa, que se centrará no proceso de tramitación dunha patente; a xudicial, que será impartida por persoas procedentes do mundo da avogacía; e a empresarial, na que se amosará como os empresarios galegos protexen as súas creacións.

    Curso de especialización sobre Dereito de patentes
    Entre os obxectivos desta actividade formativa están ofrecer coñecementos específicos sobre a protección das intervencións a través do dereito de patentes e dos modelos de utilidade, permitir coñecer cales son os instrumentos xurídicos para defender un dereito de patente e identificar as actividades que se poden prohibir. Así mesmo, amosará os mecanismos xurídicos existentes para determinar quen é o lexítimo titular dunha patente e, de ser o caso, en que circunstancias se pode ceder ou licenciar o seu uso a terceiros.

    Como xa ven sendo habitual desde o ano pasado, a EGAP ofrece os seus cursos superiores e de especialización a través de videoconferencia desde as diferentes sedes da Xunta de Galicia. Neste caso o curso poderá ser seguido en directo desde a xefatura provincial de Vigo a través desta nova modalidade formativa.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 366 de 733
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia