Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP e o Concello de A Coruña organizan dúas actividades formativas

    Cursos / Martes, 23 de Xuño de 2015.

    En virtude do convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello de A Coruña, convócase un curso sobre Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010) e un curso de Perfeccionamento de xefatura de negociado.


    Código: CV15022
    Nome: Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010)
    Edicións: 2
    Duración: 50 horas
    Prazas: 50 por edición
    Destinatarios: persoal do Concello de A Coruña
    Modalidade: teleformación
    Datas: do 1 ao 30 de outubro de 2015
    Proba final, presencial e obrigatoria: 4 de novembro de 2015, en EASY SISTEM, Rúa Río Monelos Nº 18, no horario de mañá que determine o Concello de A Coruña.

    Código: CV15023
    Nome: Perfeccionamento de xefatura de negociado
    Edicións: 1
    Duración: 80 horas
    Prazas: 50
    Destinatarios: Administrativos (grupo C1 De Administración Xeral) do Concello de A Coruña
    Modalidade: teleformación
    Datas: do 8 de setembro ao 26 de novembro de 2015
    Probas finais, presenciais e obrigatorias: o 27 de outubro e 30 d enovembro de 2015 (repesca o 3 de decembro de 2015), en EASY SISTEM, Rúa Río Monelos Nº 18, no horario de mañá que determine o Concello de A Coruña.

    Para inscribirse no curso deberán facelo a través da zona de matrícula da EGAP desde as 08.00 horas do día 24 de xuño ata as 14.00 horas do día 8 de xullo de 2015.
    Máis información no teléfono 981 546 257 e 981 546 335 ou no enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 371 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212