Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca os cursos de autoformación destinados ao persoal da Administración autonómica

    Cursos / Xoves, 25 de xuño de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 25 de xuño o programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, consolidando así a acción formativa iniciada no 2013 e renovando os seus contidos formativos para incluír novos temas de interese.


    Os empregados públicos que desexen participar no programa de autoformación dipoñen de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra. Por unha banda poden acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP e por outra poden solicitar presentarse ás probas de avaliación. Polo tanto, o acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin é tampouco requisito para matricularse nelas.

    O acceso aos contidos
    En total, poranse en marcha 16 cursos nos que calquera traballador da Administración autonómica se poderá matricular automaticamente desde o 26 de xuño ata o 30 de decembro a través da Zona de matrícula. Así, cada persoa determinará libremente o número de actividades nas que queira inscribirse e o período durante o cal vai traballar nelas. Neste caso a admisión á actividade é un proceso automático.

    As probas de avaliación
    Como parte deste programa a EGAP ofrece a posibilidade de acreditar os coñecementos adquiridos. Por este motivo convócanse 1800 prazas para probas presenciais que darán dereito a certificados de equivalencia. Para poder acceder a elas será preciso matricularse entre as 8 horas do 15 de setembro e as 14 horas do 30 de setembro.

    Máis información na nosa sección de autoformación e no DOG núm. 118
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 372 de 758
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia