Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior de urbanismo 2015-2016

    Cursos / Mércores, 5 de Agosto de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) poñen en marcha o Curso superior de urbanismo 2015-2016.


    Esta actividade formativa ten como obxectivos que o alumnado adquira os coñecementos teórico-prácticos e habilidades que o capacite para actuar no mundo da ordenación do territorio e do urbanismo e responsabilizarse dos procesos de xestión do chan. Para ese efecto, partirase da análise e do estudo pormenorizado da normativa de ordenación do territorio e urbanística, con especial atención á autonómica galega, combinando o estudo dos fundamentos teóricos cunha completa formación práctica que se fai imprescindible no ámbito da ordenación do territorio e do urbanismo.

    O curso vai dirixido ao persoal funcionario dos grupos A1 e A2, ao persoal laboral dos grupos I e II, aos colexiados no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, ao persoal contratado polas administracións públicas cun contrato de servizos ou equivalente, así como aos profesionais que estean en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico.

    O prazo para a inscrición permanecerá aberto ata o día 17 de setembro de 2015 ou ben ata que se cubran a totalidade das prazas dispoñibles, un total de 40. Para inscribirse, as persoas interesadas deberán encher o formulario que para ese efecto figurará na páxina web do COAG.

    Esta actividade desenvolverase na modalidade presencial na sede da EGAP en Santiago de Compostela entre o 1 de outubro e o 30 de xuño e terá unha duración total de 350 horas. As clases distribuiranse a razón de 8 horas por semana (os xoves de 10.00 h. a 14.30 h. e de 16.00 h. a 20.00 h) e a duración do traballo individual cifrarase en 62 horas.

    Máis información na ficha do curso.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 376 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212