Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7   Imagen 3 de 7  

    A EGAP leva ofertadas no que vai de ano máis de 500 actividades formativas e 24.000 prazas

    A Escola / Martes, 14 de Xullo de 2015.

    O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe a reunión do Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), onde a directora do centro, Sonia Rodríguez-Campos, presentou un resumo das actividades levadas a cabo por este organismo durante o 2015, que supuxeron un total de 24.192 prazas e 521 edicións formativas entre as que se inclúen cursos de formación continua, cursos monográficos, cursos superiores e de especialización e xornadas.


    No relativo á oferta formativa para a Administración autonómica, a directora da Escola destacou a elevada demanda que obtiveron as 367 actividades destinadas a este persoal, cunha media de máis de dúas solicitudes por praza, o que levou á EGAP a poñer en marcha unha convocatoria extraordinaria coas 20 actividades máis demandadas da primeira convocatoria.

    Ademais, tamén fixo referencia ás 34 edicións formativas e 1.660 prazas destinadas ao persoal da Administración de xustiza, ás 27 edicións e 1.585 prazas para o persoal de administración e servizos das universidades galegas e ás 33 edicións e 1180 prazas destinadas ao persoal da Administración local. No relativo a este último colectivo, informou ao Consello Reitor do estado da convocatoria de subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais, que durante 2015 conta cun orzamento de 411.705 euros, case un 10 por cento máis ca no ano anterior.

    Durante a reunión tamén se presentaron os resultados de satisfacción das actividades formativas levadas a cabo no ano 2015. Os datos, obtidos a partir da recollida de 3.255 enquisas do alumnado procedentes de 150 actividades, amosan unha satisfacción media cos cursos de 4,3 puntos nunha escala de 1 a 5 e unha valoración do persoal docente que interveu nas actividades formativas de 4,4 puntos nunha escala de 1 a 5.

    Cuestións estratéxicas para o futuro da Administración
    Ademais, Rodríguez-Campos presentou as xornadas e os monográficos organizados e previstos pola Escola no 2015, os cales teñen como finalidade promover ámbitos de reflexión sobre cuestións estratéxicas para o futuro da Administración naqueles aspectos de esencial relevancia para a acción administrativa e naquelas cuestións de actualidade que teñan incidencia directa na actividade pública. En todos os casos destacou a alta participación nestas actividades, o cal demostra o interese dos empregados públicos por coñecer e contrastar con expertos todas estas cuestións.

    Así mesmo, deuse conta cos convenios de colaboración e cooperación subscritos pola EGAP ao longo deste ano. En total asináronse 46 convenios con outras entidades que serviron para poñer en marcha 41 edicións formativas e 1.624 prazas.

    Finalmente a directora fixo referencia á actividade editorial da Escola, que continúa coa publicación periódica das súas dúas revistas: a Regap e Administración&Cidadanía.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 375 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212