Cumprindo co compromiso adquirido, a Escola Galega de Administración Pública comeza a publicar os temarios correspondentes aos distintos procesos selectivos convocados no DOG núm. 114, do 18 de xuño de 2015 relativos á quenda de promoción interna.
Sendo conscientes do interese por parte dos posibles usuarios en dispor do material didáctico á maior brevidade posible, a EGAP publica na súa web (
http://egap.xunta.gal/temarios) a parte que corresponde aos programas contidos nas convocatorias de promoción interna que a continuación se detallan:
-
Corpo administrativo, subgrupo C1, e
corpo auxiliar, subgrupo C2, en galego e en castelán.
-
Corpo superior, subgrupo A1 e
corpo de xestión, subgrupo A2: parte dispositiva (lexislación) en galego e en castelán. Os temas específicos correspondentes a estes dous grupos iranse publicando progresivamente, sendo a data límite de publicación o próximo 15 de setembro.
Finalmente a Escola reitera que os temarios publicados non teñen carácter oficial, polo que en ningún caso vincularán os opositores ou os tribunais. En consecuencia deben considerarse instrumentos complementarios que servirán de apoio e axuda como textos de referencia pero nunca de forma exclusiva e excluínte.
Para maior información pode contactar co servizo de Estudos e Publicacións a través do correo electrónico temarios.egap@xunta.gal ou dos teléfonos 881 997 251, 981 546 241, 881 997 014, 981 546 239 e 981 546 238.