Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de Administración electrónica e arquivo electrónico administrativo

    Cursos / Xoves, 20 de Agosto de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública, a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) organizan o Curso de Administración electrónica e arquivo electrónico administrativo.


    Esta actividade formativa pretende afondar, desde unha perspectiva técnico-xurídica, na concepción da Administración electrónica, con especial énfase no arquivo electrónico, incidindo na importancia que ten a súa implantación nas distintas administracións da nosa comunidade. Os contidos do programa enfocarán desde distintas perspectivas a Administración electrónica para que os alumnos adquiran ou perfeccionen os coñecementos teóricos e prácticos da informática e do Dereito, completando a súa formación no Dereito da informática.

    O curso vai dirixido aos empregados públicos das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local, e das universidades do Sistema Universitario de Galicia que estean en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico que pertenzan a algunha das seguintes categorías: grupos A1 e A2 do persoal funcionario; grupos I e II do persoal laboral; grupo C (subgrupo C1) do persoal funcionario ou grupo III do persoal laboral incluído no ámbito de aplicación do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia e que estean en posesión do título de ciclo superior de formación profesional relacionado coa informática.

    No caso de quedar prazas vacantes, poderán optar a elas os profesionais que estean en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico.

    A matrícula é gratuíta e o prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de agosto en http://egap.xunta.gal/cursoadmonElectronica

    Esta actividade terá unha duración de 114 horas -30 horas prácticas presenciais e 84 horas de teleformación-. As clases prácticas presenciais terán lugar preferentemente os luns e mércores desde o 21 de setembro ao 26 de outubro, data de finalización do curso.

    Máis información na ficha do curso. Prema aquí.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 380 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212