Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de contratación administrativa no sector público para o persoal da Administración local

    Cursos / Xoves, 10 de Setembro de 2015.

    De acordo co convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e a Deputación Provincial de Ourense organízase un curso de contratación administrativa no sector público para o persoal da Administración local de Galicia.


    Esta actividade ten como obxectivos coñecer a sistemática da Lei de contratos do sector público, delimitando o ámbito subxectivo e obxectivo da lei; comprender todos os aspectos procedementais, desde a preparación do contrato ata a extinción deste; actualizar os coñecementos dos participantes relacionados coa solvencia e a clasificación contractual; instruír os participantes no procedemento a través do cal se xeral o expediente de contratación e estudo dos documentos básicos que o integran e no réxime de revisión de prezos; comprender os procedementos de selección do contratista por parte da administración; estudo das formas nas que se produce a extinción dos contratos e as causas de nulidade e de anulabilidade dos contratos e identificar as pecularidades dos contratos administrativos de obra, subministración e servizos.

    O curso vai dirixido aos funcionarios con habilitación de carácter estatal dos grupos A1 e A2, que presten servizo na Administración local de Galicia; ao persoal técnico das entidades locais que preste servizos nas áreas de administración e de secretaría xeral; aos funcionarios das corporacións locais responsables da xestión técnica e administrativa das entidades locais; aos profesionais das corporacións locais que realicen labores de asesoramento e xestión en materia de contratación, así como tarefas de organización e coordinación de servizos públicos e aos traballadores das entidades locais, con responsabilidades na dirección e xestión de unidades administrativas e servizos.

    Para inscribirse no curso deberán facelo a través da zona de matrícula da EGAP http://egap.xunta.gal/matricula desde as 08.00 horas do día 11 de setembro ata as 14.00 horas do día 21 de setembro de 2015.

    Modalidade: mixta
    Duración: 110 horas (20 presenciais e 90 en liña)
    Prazas: 35
    Lugar: aulas de formación da Deputación Provincial de Ourense (rúa Progreso, nº30, 2º, Ourense)
    Datas e horario das sesións presenciais: os mércores 7, 14, 21 e 28 de outubro; 4, 18 e 25 de novembro e 2, 9 e 16 de decembro de 2015, das 17.00 ás 19.00 horas.
    Máis información: http://egap.xunta.gal/fichacurso/index/8754
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 388 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212