Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornadas de xerencia universitaria na UDC

    Xornadas / Venres, 4 de Setembro de 2015.

    A Universidade da Coruña organiza as 33 Xornadas de Xerencia, unha iniciativa da CRUE que cada ano lle permite compartir tanto ás universidades públicas como privadas os principais retos xerenciais do noso sistema universitario.


    Nun ciclo económico de gran dureza para o financiamento dos servizos públicos, cun forte impacto no sistema universitario, debaterase sobre as políticas autonómicas de financiamento universitario, sobre o novo decreto "3+2" e analizaranse os últimos datos da Universidade Española en Cifras. Abordarase tamén o novo programa marco da Unión Europea para o financiamento do I+D+i e os novos procedementos de compra pública innovadora. Desenvolveranse, como en edicións anteriores, obradoiros que contribúan a fortalecer as nosas ferramentas de xestión e a nosa visión estratéxica.

    Datas: 30 de setembro e 1 e 2 de outubro
    Lugar: Paraninfo do Reitorado da UDC
    Matrícula: ata o 18 de setembro en http://www.udc.es/33jornadasgerencia/inscricion/
    Máis información en http://www.udc.es/33jornadasgerencia

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 389 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212