Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola e a Amtega organizan tres cursos dirixidos ao persoal informático

    Cursos / Martes, 22 de Setembro de 2015.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convócanse tres cursos dirixidos prioritariamente ao persoal informático funcionario ou laboral ao servizo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas no apartado a) do artigo 45 da LOFAXGA.


    CV15040. Implantación da Administración Electrónica
    Edicións: 1
    Duración: 30 horas
    Prazas: 50
    Modalidade: teleformación
    Datas: do 28 de setembro ao 28 de outubro de 2015
    Proba presencial final: 29 de outubro (horario de mañá)
    De non se cubriren as prazas poderán optar ao curso o resto de empregados públicos da Administración autonómica galega que no desenvolvemento das súas funcións manexen solucións de administración electrónica.

    CV15041. ITIL- Nivel Fundamentos
    Edicións: 1
    Duración: 30 horas
    Prazas: 50
    Modalidade: teleformación
    Datas: do 28 de setembro ao 27 de outubro de 2015
    Proba presencial final: 28 de outubro (horario de mañá)
    De non se cubriren as prazas poderán optar ao curso o resto de empregados públicos da Administración autonómica galega sempre que no desenvolvemento das súas funcións manteñan relación coa provisión e/ou soporte de servizos TI.

    CV15042. Seguridade da información para persoal TIC
    Edicións: 1
    Duración: 30 horas
    Prazas: 50
    Modalidade: teleformación
    Datas: do 28 de setembro ao 26 de outubro de 2015
    Proba final presencial: 27 de outubro (horario de mañá)
    De non se cubriren as prazas poderán optar ao curso o resto de empregados públicos da Administración autonómica galega que no desenvolvemento das súas funcións empreguen sistemas TIC.

    Para inscribirse no curso deberán facelo a través da zona de matrícula da EGAP desde as 8 horas do día 22 de setembro ata as 23.55 horas do día 23 de setembro de 2015.

    Para máis información: 981 546 257 e 981 546 335 ou no enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 396 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212