Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola abre un novo prazo de matrícula para varios cursos

    Cursos / Venres, 18 de Setembro de 2015.

    Co fin de cubrir as prazas vacantes, a Escola Galega de Administración Pública abre un novo prazo de matrícula para catro cursos convocados nos DOG do 3 de febreiro e do 12 de maio (actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración autonómica de Galicia) e para un curso convocado no DOG do 7 de abril (actividades de formación para o persoal da Administración local).


    FC15099 Ética pública. Os códigos éticos e o código ético da Xunta de Galicia
    Destinatarios: persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
    Modalidade: presencial
    Horas: 12

    FC15228 Fundamentos de economía para a xestión pública
    Destinatarios: funcionarios e persoal laboral pertencentes aos grupos A1, A2, C1, I, II e III da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
    Modalidade: presencial
    Horas: 24

    FC15187 Plataforma SOA (arquitectura orientada a servizos) na Xunta de Galicia
    Destinatarios: persoal informático funcionario ou laboral ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público de Galicia enunciados no apartado a) do artigo 45 da LOFAXGA (Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico).
    Modalidade: mixta
    Horas: 50

    FC15199 Transparencia e acceso á información pública
    Destinatarios: persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, dos subgrupos A1, A2, C1, C2, I, II, III e IV.
    Modalidade: presencial
    Horas: 18

    LO15031 Fórmulas de cooperación en xestión de subvencións nos concellos de Galicia
    Destinatarios: funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administración públicas de Galicia e persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia
    Modalidade: presencial
    Horas: 15

    Poderán presentarse solicitudes desde ás 8 horas do 18 de setembro ata as 14 horas do 28 de setembro a través da Zona de matrícula da EGAP. Este novo prazo de matrícula non prexudica aos seleccionados na primeira convocatoria.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 395 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212