Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Grande-Marlaska clausura na EGAP a xornada sobre a reforma do Código Penal

    Xornadas / Mércores, 30 de Setembro de 2015.

    O maxistrado Fernando Grande-Marlaska, presidente da Sala do Penal da Audiencia Nacional, clausurou esta tarde na EGAP a xornada A reforma do Código Penal a debate, na que prestixiosos xuristas analizaron as novidades introducidas pola Lei orgánica 1/2015, de 30 de marzo, pola que se modifica o Código Penal e normas complementarias desta.


    Grande-Marlaska incidiu no seu relatorio sobre as novidades recollidas no Código Penal sobre o comiso, afirmando que esta reforma ten a pretensión de trasladar a política criminal da Unión Europea ao noso país, sendo así obxecto da súa transposición. Nesta liña, destacou que a transposición das directivas europeas ten a finalidade concreta da denominada mutua confianza, é dicir, o recoñecemento das resolucións penais independentemente dos países nos que se produzan, o que permite materializar a unificación nos países comunitarios en materia penal.

    O relatorio do maxistrado enmarcouse na Xornada sobre a reforma do Código Penal que tivo lugar hoxe na Escola Galega de Administración Pública, na que se analizaron e debateron as principais novidades desta Lei orgánica.

    Ao longo do día expertos penalistas trasladaron ao auditorio presente os aspectos máis relevantes da dita reforma, facendo fincapé nos delitos de lesións e violencia de xénero, na nova regulación dos delitos leves ante a desaparición das faltas, na figura da persoa xurídica ou do comiso.

    Todos os relatorios da xornada serán incorporados á páxina web da EGAP en formato de audio e vídeo.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 398 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212