Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico sobre medidas para previr a comisión de delitos no ámbito administrativo

    A Escola / Xoves, 1 de Outubro de 2015.

    A Escola Galega de Administración pública convoca un curso monográfico sobre medidas para previr a comisión de delitos no ámbito administrativo que ten como obxectivo principal dar a coñecer as novidades esenciais da recente reforma operada pola Lei orgánica 1/2015, do 30 de marzo, pola que se reforma o Código Penal, así como o estado actual das vías para previr e perseguir a delincuencia no marco dunha xurisprudencia evolutiva.


    Destinatarios: o curso vai dirixido preferentemente aos empregados públicos da Administración xeral da Xunta de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan encomendadas tarefas de dirección ou coordinación de órganos e/ou unidades administrativas.

    Datas: 13, 20 e 27 de outubro de 2015
    Duración: 12 horas lectivas
    Horario: xornada de tarde
    Lugar: Santiago de Compostela (EGAP, rúa Madrid 2-4)
    Matrícula: desde o 2 ata o 9 de outubro en http://egap.xunta.gal/matricula
    Máis información: ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 399 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212