Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de información ao cidadán e atención ás vítimas de delito

    Cursos / Mércores, 7 de Outubro de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), convoca a actividade de autoformación: Información ao cidadán e atención ás vítimas de delito, dirixido aos funcionarios da Administración de xustiza de Galicia destinados nas Oficinas de Asistencia á vítima e atención ao cidadán.


    Información ao cidadán e atención ás vítimas de delito - Contidos
    Prazas: 17
    Modalidade: autoformación (contidos multimedia actualizados, material complementario e, dado que non existe a figura do titor, cuestionarios de corrección automática). O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado. Para obtelo o alumno deberá solicitar e superar unha proba de avaliación.
    Matrícula: desde as 8 horas do 8 de outubro ata as 14 horas do 8 de novembro en http://egap.xunta.gal/matricula
    Máis información na ficha do curso

    Información ao cidadán e atención ás vítimas de delito - Proba de avaliación
    Modalidade: presencial
    Lugar: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Ferrol e Vigo
    Data: 9 de novembro (das 14 ás 15 horas)
    Matrícula: desde as 8 horas do 8 de outubro ata as 14 horas do 14 de outubro en http://egap.xunta.gal/matricula
    Máis información na ficha do curso

    Máis información nos teléfonos 981 546 257 e 981 546 335.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 404 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212