Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso sobre a capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais

    Cursos / Martes, 6 de Outubro de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, convoca no DOG núm. 191, do 6 de outubro, un curso sobre a capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais.


    Obxectivos: capacitar o persoal que opte a postos de inspección de servizos sociais ou que lle preste apoio nos coñecementos específicos dos diferentes ámbitos de actuación e nas habilidades necesarias para o correcto desenvolvemento destas funcións.

    Destinatarios: persoal funcionario dos grupos A1, A2 e C1 e persoal laboral dos grupos I e II, preferentemetne con titulación universitaria (licenciatura ou grao correspondente) en dereito, psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía, educación social, relacións laborais, traballo social, ciencias políticas ou socioloxía.

    Modalidade: mixta
    Duración: 120 horas (45 presenciais e 75 en teleformación)
    Prazas: 40
    Datas: do 29 de outubro ao 3 de decembro
    Horario: as clases presenciais terán lugar entre o 29 de outubro e o 27 de novembro, en horario de mañá e tarde
    Proba final presencial: 3 de decembro
    Inscrición aberta entre as 8 horas do 7 de outubro e as 14 horas do 16 de outubro en http://egap.xunta.gal/matricula
    Máis información na ficha do curso e no DOG do 6 de outubro
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 403 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212