Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso en teleformación sobre a Lei do emprego público de Galicia

    Cursos / Martes, 6 de Outubro de 2015.

    A EGAP convoca no DOG núm. 191, do 6 de outubro, un curso sobre a Lei 2/2015, do emprego público de Galicia dirixido ao persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma e das entidades locais de Galicia.


    Obxectivos: explicarlle ao alumnado os elementos estruturais da nove Lei do emprego público de Galicia. Valorar os cambios e a súa repercusión en relación coa normativa anterior. Estudar o impacto desta lei sobre a modernización da Administración pública e o recoñecemento dos empregados públicos.

    Destinatarios: o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional e persoal ao servizo das administracións locais de Galicia.

    Edicións: 1
    Duración: 20 horas
    Modalidade: teleformación
    Datas: do 28 de outubro ao 16 de novembro (exame presencial o 20 de novembro ás 13 horas)
    Prazas: 50
    Matrícula: desde as 8 horas do 7 de outubro ata as 14 horas do 16 de outubro en http://egap.xunta.gal/matricula
    Máis información na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 402 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212