Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso sobre comunicación efectiva: negociación e traballo en equipo

    Cursos / Martes, 6 de Outubro de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG núm. 191, do 6 de outubro, un curso monográfico sobre comunicación efectiva para xestores de equipos: negociación e traballo en equipo.


    Esta actividade ten como obxectivos introducir aspectos básicos relacionados coa xestión de persoas, o liderado e a resolución de conflitos; traballar con ferramentas básicas da comunicación que permitan unha mellor xestión do traballo en equipo e dos conflitos no contorno laboral e xestionar un equipo e negociar con efectividade.

    Os destinatarios son os empregados das administracións públicas de Galicia, das universidades do sistema universitario de Galicia, o persoal das entidades do sector público, profesionais e interesados en xeral.

    Datas: 14, 21 e 28 de outubro e 4 e 11 de novembro
    Horario: das 17 ás 20 horas
    Duración: 15 horas lectivas
    Prazas: 30
    Inscrición: ata o 9 de outubro en http://egap.xunta.gal/matricula
    Máis información na ficha do curso e no DOG do 6 de outubro
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 401 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212