Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico sobre Administración, empresa e urbanismo sustentable

    Cursos / Xoves, 5 de Novembro de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, a Rede Empresa e Administración e o Observatorio Internacional da Regulación das Entidades do Sector Público poñen en marcha un curso monográfico sobre Administración, empresa e urbanismo sustentable.


    Esta actividade pretende proporcionarlle aos destinatarios unha visión ampla dos principais problemas urbanísticos, afondando e debatendo sobre as súas consecuencias sociais, ambientais, económicas e empresariais; tentando propor posibles melloras que se poidan adoptar en actuacións futuras e así obter un urbanismo sustentable.

    O curso vai destinado a empregados das administracións públicas de Galicia, ao persoal das entidades do sector público, xuristas, profesionais e a persoas interesadas en xeral.

    Datas: 30 de novembro e 1 de decembro
    Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
    Horario: mañá e tarde
    Duración: 20 horas lectivas

    Inscrición gratuíta a través da Zona de matrícula da EGAP ata o 26 de novembro.

    Programa e máis información na ficha do curso.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 412 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212