Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola publica o plan de formación para o ano 2016

    Cursos / Xoves, 28 de xaneiro de 2016.

    A EGAP publica no DOG núm. 18, do 28 de xaneiro, o plan de formación do persoal das administracións e entes públicos da Comunidade Autónoma, das entidades locais e da Administración de xustiza de Galicia, así como do persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas para o ano 2016.


    O plan integra por primeira vez a formación dirixida a estes colectivos e recolle o conxunto de accións estratéxicas para a formación e actualización profesional dos empregados públicos da Comunidade Autónoma a través dunha oferta ampla e variada coa que mellorar a súa cualificación e capacitación profesional. O feito de aglutinar a formación destinada aos distintos colectivos de empregados públicos nun único instrumento constitúe unha acción pioneira coa que se pretende dotar de unidade e coherencia o conxunto da oferta formativa.

    Para a elaboración do plan tivéronse en conta as necesidades formativas dos diversos organismos e nel participaron as distintas consellerías da Xunta de Galicia, a Dirección Xeral de Xustiza, a Dirección Xeral de Administración Local, os entes instrumentais do sector público autonómico, as institucións públicas autonómicas e as tres universidades de Galicia. Ademais, contouse coa colaboración dos coordinadores de formación da cada centro directivo, de docentes e expertos de distintos campos formativos e as achegas dos propios destinatarios da formación, os cales coas súas suxestións contribuíron a facer do plan un verdadeiro instrumento para a mellora continua.

    Así mesmo, na súa configuración, tívose en conta a demanda real rexistrada nos cursos e os resultados da avaliación das actividades desenvolvidas nos anos anteriores. Estas son as ferramentas chave que permitiron a creación dun programa de calidade e adecuado aos requirimentos dos usuarios.

    Como resultado do anterior, a EGAP presenta un plan de formación estruturado en accións formativas de carácter transversal e específico. As primeiras teñen por obxecto ofrecer un currículo básico horizontal que capacite os empregados públicos para realizaren as funcións que son xenéricas e que constitúen as bases da organización da Administración. Doutra banda, as accións formativas específicas comprenden o conxunto de actividades cuxo obxectivo está directamente relacionado coa adaptación permanente ao posto de traballo, incluíndo contidos sectoriais relativos a competencias concretas.

    O plan volve apostar polos diferentes contornos de aprendizaxe e metodoloxías, entre os que están a autoformación, a teleformación e a docencia presencial. Así pois, a pluralidade de formatos, modalidades e metodoloxías constitúe outra das liñas distintivas do plan, que ten o obxectivo de facilitar a formación continua por parte dos empregados públicos ao eliminar calquera posible barreira no acceso e promover a conciliación da vida laboral e familiar.

    *Esta resolución ten só carácter informativo. Para acceder ás accións formativas recollidas neste plan será preciso matricularse nas datas que se sinalen nas posteriores convocatorias, que tamén serán publicadas no DOG.
  • Recursos
  •   Plan de formación 2016  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 431 de 733
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia