Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

    Cursos / Xoves, 11 de Febreiro de 2016.

    De acordo co convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e Mugatra Sociedade de Prevención S.L.U convócase un curso sobre prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.


    Esta acción formativa está destinada ao persoal que presta servizos no edificio xudicial de Ourense.

    Para inscribirse no curso deberán facelo a través da zona de matrícula da EGAP http://egap.xunta.gal/matricula desde as 09.00 horas do día 12 de febreiro ata as 23.55 horas do día 22 de febreiro de 2016

    Código: CV16002
    Edicións: 2
    Duración: 12 horas
    Prazas: 40 por edición
    Modalidade: presencial
    Lugar: Ourense, edificio xudicial, rúa Velázquez, s/n
    Datas e horario: 1º edición, 7 e 11 de marzo; 2º edición, 31 de marzo e 1 de abril. De 08:30 a 14:30 horas.
    Para máis información: 981 546 257 e 981 546 253 ou no enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 436 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212