Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Primeira convocatoria para o persoal da Administración autonómica

    Cursos / Venres, 12 de Febreiro de 2016.

    A EGAP convoca 197 actividades formativas e 7405 prazas destinadas aos empregados públicos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, non entendendo por tal, os empregados públicos da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.


    Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas a empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza na epígrafe Destinatario da actividade formativa.

    Así mesmo, os empregados públicos sinalados no parágrafo anterior poderán acceder a todas as actividades formativas desta convocatoria nas que queden prazas vacantes.

    Presentación de solicitudes: desde as 8 horas do 13 de febreiro ata as 14 horas do 22 de febreiro en http://egap.xunta.gal/matricula
    Máximo de solicitudes: seis en todas as convocatorias cuxo prazo de matrícula sexa coincidente
    Máis información no DOG do 12 de febreiro
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 437 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212