Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Xunta destaca a importancia da Unión Europea no desenvolvemento de proxectos útiles a nivel municipal

    Xornadas / Venres, 19 de Febreiro de 2016.

    Alfonso Rueda e a directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), inauguraron esta mañá na Escola a xornada 30 anos de España na UE: impacto na Administración local, onde expertos na materia analizaron que supuxo para as Administracións públicas españolas a integración europea, facendo especial fincapé nos casos concretos das Administracións locais.


    O vicepresidente explicou que a Administración local é a máis próxima ao cidadán, a que presta os servizos máis inmediatos e é necesario facer visible que é o que a Unión Europea fai polos municipios. Así recordou as actuacións de mellora levadas a cabo en concellos como Melide ou Mos, onde se levaron a cabo parques infantís ou equipamentos deportivos grazas ás subvencións que a Vicepresidencia dá para estes investimentos de uso público. A este respecto, insistiu en que esa convocatoria de axudas, que para este exercicio vai estar dotada con máis de 5,3 millóns de euros, nútrese nun 75 por cento de fondos para o desenvolvemento rural que proceden da UE.

    O número dous da Xunta lembrou tamén que a cofinanciación polo Fondo Social Europeo permite levar a cabo o labor que fan os Centros de Información á Muller ou incluso a dotación que desde a Xunta se fixo aos concellos cos servizos de firma electrónica ou de contratación electrónica, tamén contou con fondos europeos; así como o portal da interoperabilidade que permite aos concellos non pedirlle á cidadanía documentación que xa está en poder doutras administracións.

    Por outra banda, Sonia Rodríguez-Campos destacou os cambios producidos en España trala súa adhesión á Unión Europea, o que nos permitiu incorporarnos a un proxecto de modernización e democratización do cal quedamos á marxe debido á ditadura. Ao longo destas tres décadas de inmersión en Europa provocáronse avances importantes na modernización da sociedade, na protección da cidadanía e dos consumidores, na política exterior e nos asuntos de xustiza e interior, onde, de xeito indubidable, España identificou as súas prioridades e a súa estratexia internacional.

    Finalmente, a directora da EGAP subliñou o camiño que queda por percorrer neste eido e os grandes retos por diante nos sectores claves da economía española e na inmigración, na política fiscal, na unión bancaria, no investimento en I+D ou na seguridade e defensa.

    Experiencias exitosas de adaptación á UE nas cidades españolas

    A Escola Galega de Administración Pública convocou a xornada 30 anos de España na UE co obxectivo de analizar e debater sobre o impacto e a adaptabilidade da nosa Administración local á Unión Europea.

    Durante esta xornada, contouse tamén con persoal procedente dos concellos de varias cidades españolas, que presentaron os seus casos concretos como exemplos de boas prácticas nos trinta anos de pertenza de España ao sistema político europeo. Así, os asistentes puideron coñecer de primeira man cales foron as estratexias máis exitosas levadas a cabo por administracións locais no noso país coa finalidade de captar fondos europeos e introducir instrumentos innovadores de políticas públicas.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 440 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212