Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca varios cursos superiores de linguaxe xurídica galega

    A Escola / Xoves, 3 de Marzo de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, no DOG do 3 de marzo, cinco edicións do curso superior de linguaxe xurídica galega: dúas destinadas ao persoal da Administración de xustiza que preste servizos fóra de Galicia e tres destinadas ao persoal da Administración de xustiza que preste servizos dentro da Comunidade Autónoma.


    FX16001: Curso superior de linguaxe xurídica galega (para o persoal que preste servizos fóra de Galicia)

    Destinatarios: maxistrados, xuíces, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial que estean a prestar servizos efectivos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
    Modalidade: teleformación
    Edicións: 2
    Prazas: 30 por edición
    Datas: entre o 4 de abril e o 5 de xuño
    Exame final presencial: 11 de xuño
    Matrícula: desde as 8 horas do 4 marzo ata as 14 horas do 14 de marzo en http://egap.xunta.gal/matricula
    Documentación: dentro do prazo de presentación de solicitudes os solicitantes deberán enviar a xestion.egap@xunta.gal a seguinte documentación:
    • unha copia do formulario de solicitude
    • unha certificación de ter superado o nivel de coñecemento do idioma galego para poder ser admitido no curso que solicita
    • un documento que acredite a antigüidade na Administración de xustiza tomando como referencia a primeira toma de posesión
    • de ser o caso, a documentación complementaria que acredite circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.)
    Máis información no DOG núm. 43

    FX16002: Curso superior de linguaxe xurídica galega (para o persoal que preste servizos dentro de Galicia)
    Destinatarios: xuíces, maxistrados, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza e persoal laboral con destino nos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia; a letrados da Xunta de Galicia; a notarios, rexistradores da propiedade, avogados, procuradores e alumnos das escolas de práctica xurídica de Galicia; a profesores de linguaxe de signos e persoas incluídas nas bolsas de traballo para o nomeamento de funcionarios interinos da Administración de xustiza; así como a aquelas persoas que acrediten ter superado o proceso selectivo para o ingreso nos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.
    Modalidade: teleformación
    Edicións: 3
    Prazas: 30 por edición
    Datas: entre o 4 de abril e o 5 de xuño
    Exame final presencial: 10 de xuño
    Matrícula: desde as 8 horas do 4 marzo ata as 14 horas do 14 de marzo en http://egap.xunta.gal/matricula
    Documentación: no caso de ser seleccionado deberá enviar nun prazo de tres días hábiles desde a publicación da listaxe definitiva de admitidos a xestion.egap@xunta.gal a seguinte documentación:
    • unha copia do formulario de solicitude
    • unha copia escaneada da certificación que acredite a superación ou a validación do curso medio de linguaxe xurídica galega, o curso medio de linguaxe administrativa galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes
    • de ser o caso, certificado de estar colexiado como avogado ou procurador ou de estar matriculado nunha escola de práctica xurídica. Para os intérpretes de linguaxe de signos exixirase unha certificación da Federación de Xordos que acredite a intervención habitual do solicitante como intérprete nos xulgados ou tribunais, nas notarías ou nos rexistros da propiedade ou mercantís
    Máis información no DOG núm. 43



  •   Anterior Seguinte  
    Pax 446 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212