Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de xestión de proxectos con PMBOK para persoal TIC

    Cursos / Luns, 7 de Marzo de 2016.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso de xestión de proxectos con PMBOK para persoal TIC.


    Obxectivos: que o alumnado coñeza os principais procesos e ferramentas aplicables á xestión de proxectos de desenvolvemento informático, así como o vocabulario estándar máis empregado no mercado, e como os procesos e habilidades de xestión poden axudar a xestionar proxectos complexos nun contorno de desenvolvemento de aplicacións informáticas.
    Destinatarios: Terá preferencia o persoal informático funcionario ou laboral con destino actual na Amtega e que estea a realizar tarefas de dirección ou xestión de proxectos de desenvolvemento de aplicacións informáticas. De non cubrir as prazas con este colectivo, poderá optar ao curso o resto de empregados públicos da Administración autonómica galega que no desenvolvemento das súas funcións empreguen sistemas TIC.
    Modalidade: teleformación
    Edicións: 2
    Duración: 25 horas cada edición
    Prazas: 20 cada edición
    Lugar: salón 2 pequeno do Centro de Innovación Cultural de Galicia (Cinc). Cidade da Cultura-Monte Gaiás-Santiago de Compostela
    Datas: 1ª edición: 4 de abril ao 2 de maio de 2016. 2ª edición: 23 de maio ao 20 de xuño de 2016.
    Horario: luns das 9.00 ás 14.00 horas
    Proba final presencial : primeira edición o día 2 de maio e segunda edición o día 20 de xuño de 2016.
    Matrícula: das 8 horas do 8 de marzo ata as 14 horas do 17 de marzo en http://egap.xunta.gal/matricula

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 447 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212