A EGAP prepara o próximo número da revista Administración&Cidadanía
          
          Publicacións / Martes,  8 de Marzo de 2016.
          
          Esta tarde reuniuse na Escola Galega de Administración Pública o consello de redacción da Revista Administración&Cidadanía, dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, coa finalidade de aprobar o contido seu próximo número.
          O próximo exemplar de A&C incluirá artigos relacionados co estado da igualdade de xénero na Unión Europea, o novo recurso de casación ou a potestade sancionadora da Administración en materia de seguridade alimentaria, entre outros temas.
Administración & Cidadanía é unha revista creada no ano 2006 que pretende ofrecer un novo enfoque sobre a realidade organizativa e xerencial da Administración pública e achegar novas perspectivas ao estudo dos procesos de intervención pública e do seu impacto desde as perspectivas económica, xurídica, política e sociolóxica.