Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico sobre a planificación estratéxica como método de xestión pública

    Cursos / Luns, 28 de Marzo de 2016.

    A Escola Galega de Administración pública publica no DOG do 28 de marzo un curso monográfico sobre a planificación estratéxica como método de xestión pública. Os obxectivos desta actividade son analizar os aspectos máis destacados da planificación estratéxica e dirección por obxectivos, afondar no coñecemento e manexo das principais ferramentas necesarias para formular e implementar a planificación estratéxica como método de traballo nas organizacións públicas, coñecer algunhas experiencias levadas a cabo na Administración pública e aplicar os coñecementos adquiridos mediante a elaboración dun plan estratéxico.


    Destinatarios: empregados públicos das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local, que se encadren nalgunha das seguintes categorías: grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario e grupos I e II do persoal laboral. (Ás persoas admitidas solicitaráselles que presenten unha certificación acreditativa da condición de empregado público e do grupo ao que pertencen.)
    Lugar: Santiago de Compostela (EGAP, rúa Madrid, 2-4)
    Datas: 14 e 15 de abril
    Horario: mañá e tarde
    Duración: 14 horas
    Matrícula: desde as 8.00 horas do 28 de marzo ata as 23.00 horas do 6 de abril na zona de matrícula da EGAP. A admisión virá determinada pola data e hora de presentación das solicitudes.
    Prazas: 30
    Máis información no DOG ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 456 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212