Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A directora da EGAP destaca a importancia da contratación pública como ferramenta de eficiencia no gasto público e como instrumento ao servizo de políticas públicas

    A Escola / Venres, 1 de Abril de 2016.

    Esta mañá a directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, participou no seminario O efecto directo das directivas de contratación pública tras a finalización do seu prazo de transposición: consecuencias prácticas para os entes locais; organizado pola Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Dereito.


    Durante a súa intervención, fixo fincapé na importancia das reformas lexislativas relativas á contratación pública. Estas novas normativas alíñanse coa Estratexia Europa 2020, a cal establece os eixes fundamentais sobre os que deben actuar as institucións europeas ata o ano 2020, co fin de que a contratación pública sexa algo máis que unha simple técnica de aprovisionamento de bens e servizos por parte da Administración e pase a converterse nunha ferramenta de eficiencia no gasto público e nun instrumento ao servizo de políticas públicas.

    Sonia Rodríguez-Campos resaltou que as reformas impostas pola Unión Europea fan fincapé na chamada concepción instrumental da contratación pública, que trata de conseguir un crecemento intelixente, sustentable e integrador, garantindo ao mesmo tempo un uso con maior racionalidade económica dos fondos públicos.

    Por outra banda, a directora destacou que nos dous últimos anos a regulación xurídica sobre esta temática sufriu numerosas modificacións de importante calado, o que nos indica o carácter sumamente ambicioso da dita reforma. As novas directivas entran na regulación de materias que ata o de agora quedaran exentas da acción do poder normativo comunitario, como por exemplo as concesións de servizo público. O feito de que, por vez primeira, exista un dereito europeo nesta materia entraña unha ampliación do ámbito obxectivo da aplicación das directivas que non pode ser infravalorado.

    Finalmente, lembrou que a transposición destas directivas é un proceso complexo ao que se deberá enfrontar o lexislador español, xa que foron varias e relevantes as negativas que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea deu ás decisións adoptadas polos poderes públicos españois na transposición das directivas anteriores.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 457 de 1209
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212