Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de prevención de riscos laborais de seguridade nos laboratorios

    Cursos / Mércores, 6 de Abril de 2016.

    De acordo co convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e Mugatra Sociedade de Prevención S.L.U organízase un curso de prevención de riscos laborais: seguridade nos laboratorios.


    Esta actividade vai dirixida ao persoal que presta servizos no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, no Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia e no Centro de Investigación Agraria de Mabegondo.

    Para inscribirse no curso deberán facelo a través da zona de matrícula da EGAP desde as 08.00 horas do día 7 de abril ata as 14.00 horas do día 16 de abril de 2016.

    Código: CV16008
    Edicións: 2
    Duración: 25 horas por edición
    Prazas: 60 por edición
    Modalidade: teleformación
    Datas e horario: 1º edición, do 25 de abril ao 20 de maio (proba final telemática, o 20 de maio ás 12:00 horas); 2º edición, do 23 de maio ao 17 de xuño (proba final telemática, o 17 de xuño ás 12:00 horas).
    Para máis información: 981 546 257 e 981 546 335 ou no enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 458 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212