Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso para o persoal dos centros residenciais da Administración pública

    Cursos / Luns, 11 de Abril de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 11 de abril un curso monográfico sobre boas prácticas para unha atención humanizada ás persoas en centros residenciais da Administración pública. Con este curso perséguese o obxectivo de formar ao persoal dos centros residenciais para que poidan levar a cabo unha atención individualizada e adquiran as capacidades en estratexias e habilidades de intervención que contribúan a mellorar a atención ás persoas residentes nalgunha institución da Administración pública ou usuarios de centros de día.


    Destinatarios: persoal das administración públicas de Galicia que intervén na atención de persoas maiores en centros residenciais da Administración pública, ben sexa de forma directa ou desde postos de coordinación e dirección.
    Código: PU16009
    Lugar: EGAP, rúa Madrid 2-4, Santiago de Compostela
    Duración: 15 horas
    Datas: 27 de abril; 4, 11, 18 e 25 de maio
    Horario: de tarde
    Prazas: 35
    Matrícula:  a través da zona de matrícula da EGAP desde as 08.00 horas do día 12 de abril ata as 23.00 horas do día 20 de abril de 2016

    Para máis información: 981 546 241 ou 981 546 239
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 460 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212