Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada sobre marcas de garantía e denominacións de orixe

    Xornadas / Martes, 12 de Abril de 2016.

    Esta xornada permitirá aos asistentes ter os coñecementos xurídicos esenciais sobre marcas de garantía. Estas marcas non indican a orixe empresarial dun produto, senón que garanten uns determinados estándares de calidade ou características do produto. Desde que a reforma do Regulamento sobre a marca da Unión Europea de 2009 recoñeceu as marcas de certificación da Unión, calquera asociación ten a posibilidade de rexistrar unha marca de certificación con efectos nos vinte e oito países que forman a Unión Europea. Finalmente, analizaranse cales son as accións que protexen os titulares de marca de garantía e os organismos titulares de denominacións de orixe, para perseguir as infraccións destas. Así se poñen os remedios xurídicos necesarios para evitar os prexuízos que estas infraccións causan aos citados titulares e aos consumidores.


    Destinatarios: empregados das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local, das universidades do Sistema universitario de Galicia, persoal das entidades do sector público, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.
    Lugar: EGAP, salón de actos. Rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
    Data: 2 de maio de 2016
    Horario: mañá e tarde
    Duración: 7 horas lectivas
    Inscrición: a través da zona de matrícula da web da EGAP desde o 13 de abril ata as 11 horas do 29 de abril

    Máis información nos teléfonos 981 54 62 41 e 981 54 62 39, no DOG do 12 de abril ou na ficha do curso.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 461 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212