Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Nova xornada sobre a Lei 10/2014, de accesibilidade de Galicia e a Convención internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade 2006

    Xornadas / Mércores, 13 de Abril de 2016.

    O próximo 6 de maio a EGAP organizará en Pontevedra unha xornada sobre a Lei 10/2014, de accesibilidade de Galicia e a Convención internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade 2006: aplicación e control polas administracións públicas.


    O obxectivo principal desta actividade é afondar no estudo do texto legal para un mellor tratamento da accesibilidade, en especial nas relacións cidadán-Administración.

    Esta xornada vai destinada aos empregados das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local, das universidades do Sistema universitario de Galicia, persoal das entidades do sector público, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.

    Lugar: Edificio Administrativo da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, avenida Fernández Ladreda, 43.
    Data: 6 de maio.
    Horario: mañá e tarde.
    Duración: 6 horas lectivas.
    Inscrición: desde o 14 de abril ata as 11 horas do 5 de maio a través da área de matrícula da web da EGAP

    Máis información nos teléfonos 981 54 62 41/981 54 62 39, no DOG do 13 de abril e na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 464 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212