Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre

    Cursos / Mércores, 13 de Abril de 2016.

    A través do convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) convócase un curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre.


    Esta actividade vai dirixida a empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais, en particular na organización e xestión de actividades de tempo libre.

    Para inscribirse no curso deberán facelo a través da zona de matrícula da EGAP desde as 09.00 horas do día 14 de abril ata as 23.55 horas do día 23 de abril de 2016.

    Unha vez recibidas as solicitudes, asignaranse as prazas do curso tendo en conta os seguintes criterios de prioridade nesta orde:
    1º Posuír o título de monitor/a ou director/a de tempo libre
    2º Ter o carné xove en vixencia
    3º A orde de inscrición

    Código: CV16013
    Edicións: 1
    Duración: 60 horas
    Prazas: 30
    Modalidade: teleformación
    Datas: do 3 de maio ao 30 xuño de 2016
    Proba final presencial: 30 de xuño ás 10.00 horas
    Para máis información: 981 546 257, 981 546 254 e 981 546 335 ou no enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 465 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212