Novo prazo de presentación de solicitudes para dous cursos
Cursos / Mércores, 13 de Abril de 2016.
Co fin de cubrir as prazas vacantes, a Escola Galega de Administración Pública abre un novo prazo de matrícula para dous cursos convocados no DOG do 12 de febreiro (Resolución do 8 de febreiro de 2016 pola que se convocan actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración autonómica de Galicia).
.
Destinatarios: consultar para cada caso na ficha do curso
Prazo de matrícula: desde as 8 horas do 13 de abril ata as 14 horas do 20 de abril na
zona de matrícula da EGAP