Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca un concurso infantil de poesía

    A Escola / Venres, 15 de Abril de 2016.

    Con ocasión da conmemoración do Día das Letras Galegas, a EGAP convoca un concurso de poesía dirixido aos fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico e das institucións de Galicia con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos.


    Os textos versarán sobre o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Manuel María, e a súa obra. A extensión será dun folio e só se terán en conta para a valoración as obras escritas en lingua galega.

    Existirán tres premios, cada un deles coa seguinte dotación económica:
    • Primeiro premio: 250€
    • Segundo premio: 200€
    • Terceiro premio: 150€

    Forma de presentación:
    O anexo I irá acompañado dun sobre tamaño folio, pechado, coa seguinte inscrición: Concurso de poesía infantil da EGAP, o pseudónimo e o título do poema. Este sobre incluirá:
    1. O texto do poema en folio formato A4. Na cabeceira indicarase exclusivamente o título/lema do poema presentado e o pseudónimo. Neste texto non poderá figurar ningún dato que permita identificar o participante e romper o anonimato. 
    2. Un sobre pequeno pechado no cal constará o pseudónimo e o título/lema do poema. Este sobre conterá os seguintes documentos:
    • Boletín de inscrición (anexo II), que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
    • Fotocopia do libro de familia onde consten os datos de nome e idade do fillo que se presenta ao concurso.
    O prazo de presentación rematará o 16 de maio.

    Bases do concurso: DOG do 15 de abril
     


  •   Anterior Seguinte  
    Pax 470 de 1207
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212