Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    Os empregados públicos de Galicia reciben formación sobre métodos de planificación estratéxica

    Cursos / Xoves, 14 de Abril de 2016.

    Esta mañá a directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou o curso monográfico A planificación estratéxica como método de xestión pública, dirixido prioritariamente aos empregados das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local, pertencentes ao grupo A do persoal funcionario (subgrupos A1 e A2) ou aos grupos I e II do persoal laboral.


    Durante dous días analizarán os aspectos máis destacados da planificación estratéxica e da dirección por obxectivos, cun carácter eminentemente práctico e a través do estudo de experiencias xa levadas a cabo na Administración pública española e da elaboración dun plan estratéxico.

    Na súa intervención, a directora da EGAP destacou a importancia da formación nesta materia para poder xerar transformacións importantes nos organismos públicos, o que redundará nun mellor servizo á cidadanía. Tamén avogou pola incorporación á axenda política da planificación estratéxica co fin de producir unha transformación na cultura organizativa das administracións públicas.

    Neste sentido, Sonia Rodríguez-Campos quixo resaltar a coexistencia de dous niveis de decisión, como son o político e o administrativo, o que implica que o contexto e o esquema planificador no ámbito público sexan distintos aos da xestión empresarial.

    Por outra banda, Benito Ramos Ramos, docente do curso e asesor da Secretaría de Estado de Cultura, sinalou que esta actividade formativa pretende trasladar todas as experiencias levadas a cabo nas administracións públicas españolas, poñendo como exemplos o caso pioneiro do Consejo Superior de Deportes, xa nos anos 90, e a implantación dun plan estratéxico no Museo Reina Sofía no 2014, entre outras experiencias recentes. Ademais, apuntou que as claves fundamentais deste curso serán o traballo en equipo e que “cada alumno descubra por si mesmo que posición adoptaría como parte dunha unidade operativa dun plan de actuación estratéxico”.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 469 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212