Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso sobre actualización xurídica, económica e de xestión para funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional

    Cursos / Xoves, 14 de Abril de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública e o Consello Xeral do Colexio de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de España convocan un curso de actualización xurídica, económica e de xestión para funcionarios con habilitación de carácter nacional.


    Este curso pretende abordar as principais novidades económicas, xurídicas e de xestión no ámbito local e de acordo coa normativa autonómica de Galicia. O obxecto do curso é ofrecer unha formación de máxima actualidade desde un punto de vista práctico, co fin de facilitar as funcións dos habilitados nacionais, en todos os ámbitos das súas responsabilidades.

    Destinatarios: funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional.
    Edicións: unha
    Modalidade: mixta (13 horas presenciais e 17 horas en teleformación)
    Duración: 30 horas
    Prazas: 80
    Lugar: sede da EGAP, Santiago de Compostela
    Datas: do 2 ao 26 de maio
    Datas das sesións presenciais:
      - 2 de maio: mañá: 9.00-14.30 horas; tarde: 16.00-18.00 horas
      - 3 de maio: mañá: 9.00-14.30 horas
    Matrícula: na web da EGAP desde as 8 horas do 15 de abril ata as 14 horas do 22 de abril
    Importe: 60 euros
    Máis información na ficha do curso ou no DOG do 14 de abril
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 468 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212