Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso en autoformación sobre atención ás vítimas de delito e información ao cidadán

    Cursos / Xoves, 21 de Abril de 2016.

    A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convocan unha actividade formativa de autoformación sobre atención ás vítimas de delito e información ao cidadán destinada aos xestores procesuais e administrativos, aos tramitadores procesuais e aos funcionarios do corpo de auxilio xudicial destinados nos órganos xudiciais e fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia.


    Os destinatarios poden acceder aos contidos da actividade sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP e por outra banda, poden solicitar presentarse ás probas de avaliación. Polo tanto, o acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación nin é tampouco un requisito para matricularse nelas. Porén, só as persoas que se matriculen nestas probas e as superen teñen dereito ao certificado de equivalencia, que ten o mesmo valor que un de aproveitamento.

    Acceso aos contidos: os xestores procesuais e administrativos, tramitadores procesuais e funcionarios do corpo de auxilio xudicial destinados nos órganos xudiciais e fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia poden acceder aos contidos da actividade indicada, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP. A inscrición para o acceso aos contidos poderá facerse en calquera momento entre o 22 de abril e o 30 de decembro de 2016.

    Proba de avaliación: A proba de avaliación realizarase de forma descentralizada nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Ferrol e Vigo o o 29 de xuño das 18.00 ás 19.00 horas.

    Prazas: 50
    Horas certificadas: 30
    Matrícula: desde as 8 horas do 22 de abril ata as 14 horas do 2 de maio na zona de matrícula da EGAP

    Máis información no DOG do 21 de abril ou na ficha do curso.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 473 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212