Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP anuncia a celebración dos actos en conmemoración do Día das Letras Galegas

    A Escola / Xoves, 28 de Abril de 2016.

    A EGAP homenaxea ao poeta lucense Manuel María cun acto literario e unha viaxe de interese cultural, que se suman ao concurso infantil de poesía publicado no DOG do 15 de abril.


    O día 13 de maio, ás 12 horas, no salón de actos da EGAP, terá lugar un acto literario no que intervirán a novelista Marina Mayoral e o escritor Xosé Carlos Caneiro. Nesta actividade poderá participar calquera persoa interesada. Para asistir será preciso formalizar a inscrición a través da zona de matrícula da EGAP desde o 29 de abril ata as 23 horas do 11 de maio.

    O día 17 de maio terá lugar unha unha viaxe de interese cultural polos escenarios onde transcorreu unha boa parte da vida do autor homenaxeado. Nesta actividade poderá participar só o persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia (ata 50 prazas) e terá preferencia o persoal da Xunta de Galicia. Para asistir será preciso formalizar a matrícula no acto literario e posteriormente enviar un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal indicando nome, apelidos, datos de contacto e vínculo de pertenza a calquera das administracións públicas de Galicia.

    A inscrición na viaxe implica a obrigatoriedade de asistir ao acto literario. Para a selección da viaxe cultural terase en conta a data e a hora de recepción do correo electrónico.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 474 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212