Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    A directora da EGAP destaca as marcas de garantía e as denominacións de orixe como mecanismos esenciais para impulsar a competitividade das empresas

    Xornadas / Luns, 2 de maio de 2016.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, e o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, inauguraron hoxe unha xornada sobre marcas de garantía e denominacións de orixe, que se celebrou en Santiago de Compostela e na que participaron máis de 100 persoas. Ao acto inaugural tamén asistiu o catedrático de Dereito mercantil e director da xornada, Carlos Lema.


    Na súa intervención, a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, salientou a importancia xurídica e económica das marcas, ao funcionar estas como vehículos de promoción das empresas, o mercado e a defensa dos intereses dos consumidores. Ademais, incidiu na importancia desta xornada , xa que “na actualidade precisamos máis ca nunca a posta en marcha de estratexias que axuden ao avance da nosa economía e á creación de emprego”.

    Esta xornada tivo como finalidade ofrecer coñecementos xurídicos esenciais sobre as marcas de garantía e as denominacións de orixe. Tal e como destacou Sonia Rodríguez-Campos, ambos os elementos son mecanismos esenciais que contribúen a impulsar a competitividade das empresas nun mercado esixente, transmitindo confianza e seguridade aos consumidores.

    A marca de garantía Galicia Calidade
    Por outra banda, Alfonso Cabaleiro puxo de manifesto a repercusión e a forza da marca Galicia Calidade 20 anos despois da súa creación. Esta marca de garantía distingue aos produtos ou servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou polo seu proceso de produción merecen esta distinción unha vez contrastada a súa calidade mediante auditorías de control.

    Segundo o xerente, este selo, presente na actualidade en máis de 400 produtos, ten como reto na actualidade conseguir que cada vez máis os consumidores atopen a relación entre marca e calidade.

    Durante o descanso ofreceuse un café con produtos Galicia Calidade, realizado polo barista Óscar de Toro. Nel os congresistas degustaron produtos certificados pola marca de garantía entre os que se atopan os produtos de Feiraco, como o leite Unicla.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 475 de 759
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia