Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico sobre o estado actual e futuro do urbanismo

    Xornadas / Venres, 13 de Maio de 2016.

    Os días 6 e 7 de xuño terá lugar na EGAP un curso monográfico que servirá para reflexionar sobre a situación actual do noso modelo urbanístico, os seus problemas, conflitos e posibles solucións. Ademais, pretende amosar unha visión de conxunto sobre solucións da nosa contorna comunitaria ante os principais problemas urbanísticos, afondando e debatendo sobre as súas consecuencias.


    Estas cuestións serán analizadas desde un punto de vista global por expertos dos ámbitos académico, xudicial e administrativo, coa finalidade de que cada un deles achegue as súas experiencias e coñecementos, intentando entre todos propoñer posibles melloras para que sexan adoptadas nas actuacións futuras de cara á consecución du urbanismo sustentable.

    Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
    Datas: 6 e 7 de xuño
    Horario: mañá e tarde
    Duración: 18 horas lectivas
    Inscrición: a través da zona de matrícula da EGAP desde o 14 de maio ata as 23 horas do 1 de xuño
    Máis información na ficha do curso

    Organizan a Escola Galega de Administración Pública, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanísica, a Dirección Xeral de Administración Local e o Observatorio Internacional da Regulación das Entidades do Sector Público.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 478 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212