Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada sobre a calidade e a innovación no proceso construtivo

    Xornadas / Venres, 13 de Maio de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Sociedade Pública de Investimentos de Galicia S.A., organiza unha xornada sobre a calidade e innovación, o camiño para reducir custos e incertezas no proceso construtivo que terá lugar o vindeiro 27 de maio en Santiago de Compostela.


    Os obxectivos desta xornada son reducir os custos na cimentación empregando técnicas innovadoras na realización do estudo xeotécnico, deseñar a cimentación do edificio en fase de redacción do proxecto para prever e reducir a radioactividade natural das vivendas en zonas proclives e explicar e fomentar as técnicas que existen na actualidade para avaliar o estado das edificacións e as súas patoloxías.

    Esta actividade vai dirixida a arquitectos, arquitectos técnicos e técnicos en xeral das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local, das universidades do Sistema Universitario de Galicia, persoal das entidades do sector público, profesionais e persoas interesadas en xeral.

    Lugar: salón de actos da EGAP
    Data: 27 de maio de 2016
    Horario: mañá
    Duración: 4 horas lectivas
    Inscrición: desde o 14 de maio ata o 25 de maio ás 23 horas na Zona de matrícula da EGAP
    Máis información na ficha da xornada

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 479 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212