Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico sobre as novas leis de procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público

    Cursos / Mércores, 18 de Maio de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública organiza un curso monográfico dedicado ao estudo e análise das reformas do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común operadas polas novas leis 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.


    Esta actividade vai dirixida ao persoal das administracións públicas, estatal, autonómica ou local, así como dos seus entes instrumentais, persoal ao servizo da Administración de xustiza, xuristas, profesionais, docentes, universitarios e interesados en xeral.
    As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición desde o 19 de maio ata o 6 de xuño ás 23 horas en http://egap.xunta.gal/matricula

    Lugar: salón de actos da EGAP
    Datas: 8 e 9 de xuño
    Horario: 8 de xuño, mañá e tarde; 9 de xuño, mañá
    Duración: 12 horas lectivas
    Máis información na ficha da xornada

    *Aviso: as diferenzas na denominación da actividade, nas horas lectivas e nos horarios coa información publicada no DOG núm. 93, do 18 de maio, están recollidas na corrección de erros publicada no DOG núm. 96, do 23 de maio.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 481 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212