Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Cursos de autoformación para o persoal da Administración autonómica

    Cursos / Luns, 6 de Xuño de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 6 de xuño o programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, consolidando así a acción formativa iniciada no 2013 e renovando os seus contidos formativos para incluír novos temas de interese.


    Destinatarios: os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que non se encontren en situación de servizos noutras administracións públicas, excedencia voluntaria e suspensión de funcións. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal os empregados públicos da escala de saúde pública e Administración sanitaria. Así mesmo, os empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas autonómicas poderán acceder a todas as actividades formativas e probas de acceso libre desta convocatoria que así o especifiquen na epígrafe de destinatario da actividade e en que queden prazas vacantes.

    As persoas desexen participar no programa de autoformación dipoñen de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra. Por unha banda poden acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP e por outra poden solicitar presentarse ás probas de avaliación. Polo tanto, o acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin é tampouco requisito para matricularse nelas.

    O acceso aos contidos
    En total, poranse en marcha 44 cursos nos que calquera traballador da Administración autonómica se poderá matricular automaticamente desde o 7 de xuño ata o 30 de decembro a través da Zona de matrícula. Así, cada persoa determinará libremente o número de actividades nas que queira inscribirse e o período durante o cal vai traballar nelas. Neste caso a admisión á actividade é un proceso automático.

    As probas de avaliación
    Como parte deste programa, a EGAP ofrece a posibilidade de acreditar os coñecementos adquiridos. Por este motivo convócanse 4350 prazas para probas presenciais que darán dereito a certificados de equivalencia. Para poder acceder a elas será preciso matricularse entre as 8 horas do 7 de xuño e as 14 horas do 16 de xuño.

    Máis información na nosa sección de autoformación e no DOG núm. 106
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 487 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212