Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP aposta pola incorporación de actividades formativas que fomenten a motivación do empregado público

    Cursos / Mércores, 15 de Xuño de 2016.

    Sonia Rodríguez-Campos, directora da Escola Galega de Administración Pública, inaugurou esta mañá o curso Cambio e motivación na función pública, que ten como obxectivo principal capacitar aos empregados da Administración para realizar con eficiencia o seu traballo diario e mellorar as súas habilidades.


    Durante o acto, a directora da EGAP sinalou a importancia de facilitarlles aos empregados públicos, a través da formación, os instrumentos necesarios para xestionar equipos, informar correctamente ao cidadán baixo calquera circunstancia, resolver conflitos ou mellorar o traballo diario a través de técnicas de motivación. Sinalou que este tipo de ferramentas son fundamentais para acadar unha maior autonomía, mestría e vontade na adquisición de novas competencias e así mellorar e perfeccionar as habilidades para o desempeño laboral.

    Nesta liña, Sonia Rodríguez-Campos lembrou a evolución experimentada nos plans de formación da Escola desde o ano 2013, cando se creou unha área de cursos específica sobre comunicación, organización e mellora das habilidades e se incidiu nun enfoque máis práctico das actividades. Este tipo de materias destacan pola elevada demanda e pola boa valoración por parte dos empregados públicos que as cursan.

    Curso de motivación e cambio
    O curso convocado pola EGAP ten unha duración de catro horas, durante as cales 24 persoas, a través dunha metodoloxía experiencial e dinámica, incrementarán a súa motivación, aproveitando mellor o tempo e acadando máis facilmente os obxectivos marcados. Esta formación contribuirá a descubrir as capacidades necesarias para superar a maioría dos desafíos a través de dinámicas de alto impacto.

    A materia será impartida por Felipe García Rey, formador experiencial, coach profesional e motivador de alto impacto especializado en equipos de alto rendemento. Ademais, é autor de numerosos artigos sobre a temática.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 491 de 1207
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212