A Escola Galega de Administración Pública, a Dirección Xeral de Administración Local, a Federación Galega de Municipios e Provincias e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia organizan un curso co obxectivo de incidir na formación específica daquelas materias de especial importancia para o desenvolvemento das actividades laborais dos técnicos da Administración local.
Duración: 120 horas
Datas: do 9 de setembro ao 17 de decembro
Horario: os venres das 16.00 ás 20.30 horas e os sábados das 9.30 ás 14.00 horas.
Prazas: 50
Destinatarios: O 30 % das prazas (15) ten como destinatarios os empregados públicos das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica coma local, e das universidades do Sistema universitario de Galicia que estean en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico que se encadren nalgunha das seguintes categorías: grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario ou grupos I e II do persoal laboral.
O 20 % das prazas (10) ten como destinatarios profesionais que estean en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico.
O 40 % das prazas (20) ten como destinatarios enxeñeiros de camiños, canais e portos colexiados.
O 10 % das prazas (5) ten como destinatarios estudantes de enxeñaría de camiños, canais e portos ou do máster de enxeñaría de camiños, canais e portos precolexiados.
Matrícula: as persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da
área de matrícula da EGAP desde o 30 de xuño ata o 20 de xullo ata as 23 horas. As persoas admitidas deberán achegar á EGAP a documentación especificada no DOG.
Prezo da matrícula: entre 900 e 1200 euros
Máis información no
DOG núm. 122