Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A directora da EGAP incide na necesidade de establecer fusións e mancomunidades para garantir a viabilidade das entidades locais

    Xornadas / Mércores, 29 de xuño de 2016.

    Esta mañá a directora da Escola Galega de Administración Pública asistiu na Facultade de Dereito ao acto de presentación do número monográfico da revista Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, publicación extraordinaria en homenaxe ao profesor António Cândido de Oliveira.


    Durante a súa intervención, Sonia Rodríguez-Campos resaltou a necesidade de reflexionar sobre a xestión das entidades locais, xa que a causa da crise económica sufrida se fixeron máis evidentes as súas ineficiencias. Así, destacou que a metade dos concellos galegos son economicamente inviables e que os seus orzamentos se financian de xeito maioritario coas subvencións doutros organismos públicos.

    En consonancia co anterior, a directora da Escola sinalou que a división en pequenos concellos do noso sistema municipal fai imposible, en moitos casos, a aplicación de políticas de racionalización na xestión ou a implantación de servizos co nivel de esixencia preciso na actualidade.

    Neste sentido, avogou polo establecemento dun novo deseño do mapa municipal que implicaría levar a cabo fusións e mancomunidades para garantir a viabilidade das entidades locais. Destacou que a través das agrupacións municipais permitiríaselle á cidadanía acceder a mellores servizos, a políticas urbanísticas comúns e a unha actividade de promoción económica, comercial, turística e cultural conxunta.

    Homenaxe a António Cândido de Oliveira
    Esta mañá celebrouse na Facultade de Dereito da USC o seminario Repensando a autonomía local: os retos dos gobernos locais na Europa da poscrise, no que se presentou un número extraordinario da revista Dereito en homenaxe ao catedrático de Dereito administrativo da Universidade de Minho, António Cândido de Oliveira.

    O profesor de orixe portugués é unha figura académica esencial para comprender o municipalismo europeo grazas ao seu labor incansable pola promoción do estudo e a investigación do Dereito administrativo, tanto a través da docencia na Universidade de Minho como polo seu apoio á creación de diversos centros de estudo. Deles naceron reputadas revistas como Scientia Ivridica, Cadernos de Justiça Administrativa, Revista de Direito Regional e Local e Questões Atuais de Direito Local.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 498 de 758
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia